Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 995/2013).

Procedemento ordinario (PO) 995/2013

Demandante: Francisco Javier Vázquez Pampín

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L., Escayolas Gasamans, S.L.

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 995/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vázquez Pampín contra Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L., Escayolas Gasamans, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva di así:

Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar ás partes e, toda vez que a entidade codemandada Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. está descoñecida no domicilio facilitado, indáguese novo domicilio a través da aplicación informática deste xulgado, para que comparezan o día 1 de febreiro de 2017 ás 9.25 horas na planta 1ª, Secretaría, deste xulgado, edificio rúa Berlín, para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 1 de febreiro de 2017 ás 9.30 horas na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda, e advírteselle igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización, xa que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Servicios y Construcciones Santiago, S.L. (Serconsa) e a Escayolas Gasamans, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza