Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 152/2016).

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste órgano xudicial séguese o procedemento de execución de títulos xudiciais 152/2016 por instancia de Rafael Berdullas Porto fronte a M. Fuentefría Construcciones, S.L.

Segundo. Sinalouse para a realización do acto de comparecencia o día 19 de decembro de 2016.

Terceiro. Con data 21 de novembro de 2016 presentou escrito a letrada da parte demandante, Rafael Berdullas Porto, en que solicitaba a suspensión da comparecencia sinalada alegando os seguintes motivos: coincidencia de sinalamentos.

Fundamentos de dereito.

Único. Á vista da acreditación documental da coincidencia de sinalamentos alegada e despois de solicitarse un nova sinalamento, admítese e acórdase indicar nova data para a súa realización o próximo día 9 de xaneiro de 2017, ás 11.45 horas, para a realización da comparecencia. A notificación da presente resolución servirá de citación en legal forma ás partes.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo suspender o acto de comparecencia sinalado para o día 19 de decembro de 2016, e sinálase novamente para a súa realización o día 9 de xaneiro de 2017, ás 11.45 horas. A notificación da presente resolución servirá de citación en legal forma ás partes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza