Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 693/2016).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 693/2016

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: Julio Moreira Souto

Avogado: Jesús María Massa Rey

Demandada: Edificaciones Buño, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 693/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Moreira Souto contra Edificaciones Buño, S.L. sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Julio Moreira Souto, contra a entidade Edificaciones Buño, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 11 de xuño de 2016, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (31.8.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Edificaciones Buño, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.987,30 €, e por salarios de tramitación a razón de 3.902,34 €, con imposición do aboamento dos honorarios do letrado que asistiu o demandante até o límite de 600 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Buño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza