Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54901

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO (442/2015).

Eu, María Fernanda Ulloa Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo se tramita demanda de divorcio 442/2015, por instancia de Carlos de la Fuente Betancourt, representado pola procuradora Sra. Martí Rivas e asistido da letrada Sra. Fernández Chao González Dopeso, contra Carolina de Anda Garza, en situación procesual de rebeldía, e que na dita demanda se ditou a Sentenza do 11 de outubro de 2016 na cal se estimaba a demanda.

Para que conste e lle sirva como notificación de sentenza á demandada rebelde Carolina de Anda Garza, en paradoiro descoñecido, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber que non é firme e que poderá interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

O portador deste edicto está facultado para o seu dilixenciamento e reporte.

A letrada da Administración de xustiza