Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54900

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO de notificación de sentenza (812/2015).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Adminstración de xustiza con destino na Sección Sexta de Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente edicto fago constar que na peza de apelación 812/2015, dimanante de ordinario 506/13 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, no cal figura como demandante José Carlos G.B. e como demandados Caser, José Carlos C.B. e Juan Miguel R.D., esta sección, no 16 de setembro de 2016, ditou sentenza no recurso que estima este e a demanda presentada polo demandante José Carlos G.B. contra os demandados, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría ao dispor dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpor recurso de casación por interese casacional ou, noutro caso, infracción procesual, na forma prevista nos arts. 469, 470, 477 e 478 de LAC.

Para que conste e para a súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación a Juan Miguel Rodríguez Domínguez, expido este edicto.

Vigo, 15 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza