Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54904

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (367/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 367/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Varela González contra Fondo de Garantía Salarial, Sergio Nogueira Iglesias e KN2 Moda, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Ana Varela González contra as empresas KN2 Moda, S.L. e Sergio Nogueira Iglesias, declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada Sergio Nogueira Iglesias, e condeno a esta a que lle aboe á demandante a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 5.591,95 euros.

Absolvo a KN2 Moda, S.L. da demanda formulada contra ela.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións” con número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sergio Nogueira Iglesias e KN2 Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza