Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 327/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 327/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Íñiguez Blanco contra Paynaf Textil y Moda, S.L., Mercedes Estrada Ferreiro, Pablo Ramil Rivera, Marta Ramil Estrada sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 327/2016

Demandante: María Teresa Íñiguez Blanco

Letrado: Sr. Lorente Blanco

Demandadas:

– Paynaf Textil y Moda, S.L.

– Estilo, S.L. Paymer

– Pablo Ramil Rivera

– Marta Ramil Estrada

– Mercedes Estrada Ferreiro

Letrado: Sr. Mira Sierra

– Francisco Sáchez Furelos

Letrado:

Fogasa

Sr. Crespi Rodríguez

Decido:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Íñiguez Blanco contra a empresa Paynaf Textil y Moda, S.L. e Francisco Sánchez Furelos e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno solidariamente as demandadas a readmitiren inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta disposición. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non se percibisen ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen se ter optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e se a empresa optar por ela, a cantidade de 41.938,71 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e até a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,68 euros/día.

3º. Condeno Paynaf Textil y Moda, S.L. e Francisco Sánchez Furelos a pagaren solidariamente ao traballador demandante a suma de 670,16 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido.

4º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Íñiguez Blanco contra a empresa Paymer Estilo, S.L., Pablo Ramil Rivera, Mercedes Estrada Ferreiro, Marta Ramil Estrada e, en consecuencia, absólvoos de todo pedimento dirixido contra elas.

5º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Paynaf Textil Moda S.L. e Francisco Sánchez Furelos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza