Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 609/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 609/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lidia Canle López contra Novo Pelamios, S.L., Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 609/2016 de despedimento, por instancia de Lidia Canle López, asistida polo letrado David Pena Díaz, contra Novo Pelamios, S.L. e o Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...],

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Lidia Canle López contra Novo Pelamios, S.L. e declaro improcedente o despedimento daquela e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral desta coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 2.118,24 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novo Pelamios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza