Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 101/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 101/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad Cotelo Verdía contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Carbauto, S.A. sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de desemprego con número 101/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de María Soledad Cotelo Verdía, asistida do letrado José Manuel Garaeta Díaz, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), representado polo letrado Juan Amado Domínguez, e contra Carbauto, S.A. que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Soledad Cotelo Verdía contra o SPEE e Carbauto, S.A. e declaro que a base reguladora da prestación por desemprego se debe calcular conforme unha base de cotización de desemprego polo importe de 61,39 euros diarios, e condeno o Servizo Público de Emprego Estatal a estar e pasar pola devandita declaración e a aboar as diferenzas existentes na citada prestación, na contía, forma e efectos regulamentarios e á súa aplicación á citada prestación. Todo isto sen prexuízo das accións que correspondan ao Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa responsable de infracotización.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carbauto, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza