Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (938/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 938/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Tojo Fernández contra a empresa Internacional de Maderas Santiaguesas, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por David Tojo Fernández contra Internacional de Maderas Santiaguesas, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 6.390,88 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Internacional de Maderas Santiaguesas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza