Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00072-O-2016 e catro máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00072-O-2016 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, e empregará o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 23 de novembro de 2016

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00072-O-2016

6403-FZB

Antonio Barciela Carrera, S.L.

B36462406

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

3.12.2015; 16.55; A52; 207,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00215-O-2016

9299-FNL

Ars Priority Packet, S.L.

B55548028

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), sen levar a bordo o correspondente certificado.

10.2.2016; 11.15; A-52; 202,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00326-O-2016

9299-FNL

Ars Priority Packet, S.L.

B55548028

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

10.2.2016; 11.15; A-52; 202

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

OU-00734-O-2016

0060-BHF

Javier Prado Rodríguez

34273865R

A realización de transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

7.4.2016; 11.45; A52; 249,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

OU-00742-O-2016

6676-DTV

Juan Manuel Méndez Cougil

34955694H

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.4.2016; 1.15; A52; 132,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros