Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02244-I-2016 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02244-I-2016 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02244-I-2016

2925-JRZ

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

A realización de transporte regular de viaxeiros de uso especial, carecendo de título habilitante.

29.9.2016; 12.41; aeroporto da Coruña

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02341-O-2016

4750-FYR

Logística Engema, S.L.

B45782349

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

18.8.2016; 4.03; A6; 559,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02355-O-2016

0956-GJC

María Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

7.6.2016; 12.44; AP9; 67,05

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02470-O-2016

9530-HKV

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

Realizar transporte público de viaxeiros de uso especial carecendo de autorización específica.

20.6.2016; 5.37; AC14AL; 2,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02475-O-2016

0779-HDG

Juan Antonio Fernández Gallego

39022484V

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

20.6.2016; 10.36; AG64; 39,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

C-02526-O-2016

4671-JHB

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

A realización de transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas, carecendo de título habilitante.

26.6.2016; 8.05; N550; 3,7

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02528-O-2016

4671-JHB

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre en poder seu.

26.6.2016; 8.00; N550; 3,7

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-02529-O-2016

4671-JHB

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

26.6.2016; 8.00; N550; 3,7

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02548-O-2016

C-3950-AV

Cabager, S.L.

B15745557

Atenuante-A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

15.6.2016; 8.59; N550; 34,5

Art. 142.19 en relación co

art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra a) LOTT

201 euros

XC-02618-O-2016

5603-GMG

Berbel Excavaciones, S.L.

B70365309

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

12.9.2016; 11.42; N547; 45,3

Art. 140.18 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT

601 euros