Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 263/2016, interposto por Eligio Vieites Castro e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o expediente do recurso contencioso-administrativo P.O. 263/2016, interposto por Eligio Vieites Castro e outros contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de xullo de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública