Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00874-I-2016 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00874-I-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 23 de novembro de 2016

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00874-I-2016

8452-HGD

Servicio de Contenedores Higiénicos Sanitarios, S.A

A48148647

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

20.5.2016; 10.26.00; avenida Ribeira Sacra, s/n

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

850 euros

OU-00875-I-2016

8452-HGD

BBVA Autorenting

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

20.5.2016; 10.40.00; avenida Ribeira Sacra, s/n

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00883-O-2016

CARGADOR

Mudanzas Margo, S.L.

B87444634

A oferta de servizos de transporte de mercadorías sen dispoñer do título habilitante exixible para realizalos ou para intermediar na súa contratación, tanto se se realiza de forma individual a un único destinatario como se se fai pública para coñecemento xeral a través de calquera medio.

7.4.2016; 10.30.00; A-52; 262

Art. 141.7 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-01018-O-2016

0054-GSN

Autocares Escalona, S.L.

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

5.6.2016; 17.18.00; A-52; 203

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01020-O-2016

8322-BTK

Francisco Javier Palomares Prado

00407108P

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

7.6.2016; 11.10.00; A-52; 249

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-01027-O-2016

5428-FLL

Rafael Santa Cruz García Mata

53767961X

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.6.2016; 12.55.00; A-52; 160,0

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-01167-O-2016

OU-8711-U

Talleres Loype Oimbra, S.L.

B32180309

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.7.2016; 12.48.00; N-532; 1,5

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros