Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 748/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 748/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Vázquez Pérez contra Gecreri, S.L. Azetanet Consultoría e Formac. e Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2

A Coruña

Sentenza: 00509/2016

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: procedemento ordinario 748/2014

Demandante: María José Vázquez Pérez

Letrado: Sra. Vázquez Sánchez

Demandada: Greceri, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 10 de novembro de 2016.

Decido:

Estimar a demanda formulada por María José Vázquez Pérez contra Gecreri, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á traballadora a suma de 1.940,67 euros polos conceptos que derivan da declaración de feitos probados desta resolución, así como o xuro do art. 29.3 ET da citada cantidade.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gecreci, S.L. Azetanet Consultoría y Formac., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza