Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (142/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 142/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matilde Coto Rodríguez contra a empresa Confecciones Marblan, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

Acordo:

a) Declarar a executada, Confecciones Marblan, S.L., en situación de insolvencia por importe de 5.059,65 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Marblan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza