Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto (ETX 180/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 180/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Ferreiro Duarte contra Jesús Soneira Andrade, Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«ETX execución de títulos xudiciais 180/2016.

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 37/2016.

Sobre despedimento.

Demandante: Víctor Ferreiro Duarte.

Avogado: Jorge Espasandín Fernández.

Demandados: Jesús Soneira Andrade, Fogasa.

Auto:

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, nove de novembro de dous mil dezaseis.

Único. Nos presentes autos foi ditado auto no 17.10.2016. O demandante solicitou a aclaración de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado no 24.10.2016.

Fundamentos de dereito:

Único. É evidente que concorre o erro material advertido pola parte no auto ditado neste procedemento de execución declarando extinguida a relación laboral do demandante, polo que, ao abeiro dos artigos 214 e SS LAC, debe ser emendado:

Na parte dispositiva, onde se di: “Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L.”, debe dicir: “Víctor Ferreiro Duarte”.

Parte dispositiva

É procedente a aclaración nos termos recollidos na fundamentación xurídica desta resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Soneira Andrea, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza