Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 64/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 64/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vázquez Rivas contra Polar Clima, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 7 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 64/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de José Antonio Vázquez Rivas, asistido da letrada Paula Quintela Pais, contra Polar Clima, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. e o Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza, de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Antonio Vázquez Rivas e condeno a empresa Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.968,39 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Desestímase a demanda presentada contra Polar Clima, S.L.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de Xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Polar Clima, S.L. e Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza