Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54552

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 842/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 842/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Carro Raposo contra Confecciones Busto Lope, S.L. e Hamptom, S.A., sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 528/2016.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. En data 23 de outubro de 2014, presentouse demanda, interposta por María Esther Carro Raposo, fronte a Confecciones Busto López, S.L., Hamptom, S.A., que foi repartida a este órgano xudicial, e que admitida a trámites estaba á espera da dispoñibilidade da Axenda de sinalamentos para a realización dos correspondentes actos de conciliación e xuízo.

Segundo. As partes manifestaron ao xulgado a súa intención de chegar a un acordo para que sexa documentado en acto de conciliación xudicial, ao abeiro do disposto no artigo 84 da Lei reguladora da xurisdición social, e cos efectos contidos nel.

Terceiro. Nesta data compareceron as partes debidamente identificadas na acta de conciliación precedente e ante este órgano manifestáronse os termos do acordo de conciliación no sentido que quedou na propia acta precedente a esta resolución e na cal a parte demandante, previamente, desistiu da demanda fronte a Confecciones Busto López, S.L., se que se opuxese a codemandada Hamptom, S.A. a el.

O acordo alcanzado que se transcribe é do teor literal seguinte:

“En virtude da responsabilidade solidaria do artigo 42 do ET, Hampton, S.A. faise responsable das débedas salariais ata a data de fin da contrata (15.9.2014) e, en consecuencia, ofrece aboarlle á demandante o importe de 1.706,87 euros líquidos (1.027,02 euros correspondentes a salarios de agosto de 2014 e 513,52 euros correspondentes a 15 días de setembro de 2014 e 166,31 euros en concepto de vacacións de 2014); o dito importe ingresarase á disposición da parte demandante na conta de depósitos e consignacións deste xulgado non máis tarde do 24 de novembro de 2016.

A parte demandante acepta a oferta e modo de pagamento, designa como número de conta o do despacho da letrada que a asiste no que proceder á transferencia directa da cantidade que no seu día se consigne pola demandada, o número ES10 0030 6045 1608 7000 7271, e coa percepción íntegra da cantidade ofertada considerarase completamente saldada e liquidada”.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 84.1, segundo parágrafo, que a conciliación alcanzada ante o letrado da Administración de xustiza e os acordos logrados entre as partes aprobados por aquel terán, para todos os efectos legais, a consideración de conciliación xudicial.

No parágrafo primeiro do mesmo número engádese que do mesmo modo lle corresponderá ao letrado da Administración de xustiza a aprobación do acordo alcanzado polas partes antes do día sinalado para os actos de conciliación e xuízo, e que o letrado da Administración de xustiza ditará decreto en que se aprobe e acorde, ademais, o arquivamento das actuacións.

O letrado da Administración de xustiza, en cumprimento do que dispón o mesmo artigo 84, no seu número 2, aprobará o acordo cando estimase que o convido non é constitutivo de lesión grave para algunha das partes ou para terceiros, nin supoña fraude de lei ou abuso de dereito ou sexa contrario ao interese público.

Segundo. A conciliación e os acordos das partes aprobados polo letrado da Administración de xustiza ou, de ser o caso, polo xuíz ou tribunal, levaranse a efecto polos trámites da execución de sentenzas, tal como dispón o artigo 84.5 da LXS, en concordancia co que dispón o artigo 68 da mesma LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

Apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións, unha vez que sexa firme a presente resolución, sen máis trámites.

A presente resolución incorpórase ao libro de decretos, e insírese aos autos por medio de testemuño.

Notifíquese a presente resolución, facéndolles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa realización. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidese coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza