Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (862/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 862/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Fernández Suárez contra Limpiezas El Polígono, S.L. sobre cantidade, se ditou sentenza co número 366/2016 o 17 de novembro de 2016 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 862/2013 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de María Ángeles Fernández Suárez, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, contra Limpiezas El Polígono, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,»

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Ángeles Fernández Suárez contra Limpiezas El Polígono, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 177,47 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 del ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 100 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza