Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 66/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 64/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vázquez Rivas contra Polar Clima, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., Fogasa sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza

Na Coruña, 7 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 64/14 seguidos ante este xulgado a instancia de José Antonio Vázquez Rivas, asistido da letrada Paula Quintela Pais, contra Polar Clima, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. e Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Antonio Vázquez Rivas e condeno a empresa Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.968,39 euros, máis o 10 % de xuros moratorios aplicados sobre os conceptos salariais.

Desestímase a demanda presentada contra Polar Clima, S.L.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Polar Clima, S.L. e Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza