Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (327/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 327/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Íñiguez Blanco contra Paynaf Textil y Moda, S.L., Mercedes Estrada Ferreiro, Pablo Ramil Rivera e Marta Ramil Estrada, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 327/2016

Demandante: María Teresa Íñiguez Blanco

Letrado: Sr. Lorente Blanco

Demandados:

Paynaf Textil y Moda, S.L.

Letrado:

Estilo, S.L. Paymer

Pablo Ramil Rivera

Marta Ramil Estrada

Mercedes Estrada Ferreiro

Letrado: Sr. Mira Sierra

Francisco Sánchez Furelos

Letrado:

Fogasa

Sr. Crespi Rodríguez

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Íñiguez Blanco contra a empresa Paynaf Textil y Moda, S.L. e Francisco Sánchez Furelos e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno solidariamente as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no ordinal anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 41.938,71 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,68 euros/día.

3º. Condeno a Paynaf Textil y Moda, S.L. e a Francisco Sánchez Furelos a pagarlle solidariamente á traballadora demandante a suma de 670,16 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido.

4º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Íñiguez Blanco contra a empresa Paymer Estilo, S.L., Pablo Ramil Rivera, Mercedes Estrada Ferreiro e Marta Ramil Estrada e, en consecuencia, absólvoos de todo pedimento dirixido contra eles.

5º. O Fogasa deberá aterse ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Paynaf Textil Moda, S.L. e Francisco Sánchez Furelos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza