Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54545

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (PO 400/2016).

PO procedemento ordinario 400/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Rafael Gómez Ferreiros

Demandados: Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sercoes Obra Civil, S.L.U.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rafael Gómez Ferreiros contra Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sercoes Obra Civil, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 400/2016 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Montajes Cermes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 2.3.2017 ás 10.00 e 10.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Montajes Cermes, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 18 de novembro de 2016

La letrada da Administración de xustiza