Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (705/2015).

Procedimiento ordinario 705/2015

Sobre: ordinario

Demandantes: Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón

Demandados: La Reigosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 705/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón contra a empresa La Reigosa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva é a que segue.

«Estimar a solicitude de Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data 9 de xuño de 2016 no sentido que se indica a continuación.

No encabezamento da sentenza, onde di: “autos 705/2015”, debe dicir: “autos 705/2015 e acumulados 142/2016”; onde di: “seguidos por instancia de Beatriz Ramos Falcón e Ana Argibay Gutiérrez”, debe dicir: “seguidos por instancia de Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón”.

No antecedente de feito primeiro da sentenza, ao final do parágrafo terceiro, debe engadirse o seguinte: “Así mesmo, nos autos seguidos co número 142/2016, que foron acumulados, solicitouse que se ditase sentenza pola que se condenase a demandada a aboarlle ao demandante, Luis Ramos Falcón, a cantidade de 22.987,16 euros, 16.113,55 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo e 6.873,6 euros en concepto de salario”.

No feito probado primeiro engádese ao parágrafo terceiro despois de “Ambas as dúas traballadoras foron despedidas pola empresa con data de efectos do 16 de novembro de 2015, despedimentos que foron declarados improcedentes mediante a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta cidade en data 9 de marzo de 2016, autos 703/2015”, o seguinte: “sentenza que, no caso de Beatriz, recoñece no seu fundamento de dereito segundo que a cantidade que aquela percibía por axudas de custo tiña a consideración de salario”.

Engádese un último parágrafo ao feito probado primeiro: “Luis Ramos Falcón, con DNI número 44076972W, veu traballando para a empresa demandada desde o 1 de outubro de 2001, coa categoría de director comercial e salario mensual de 1.706,10 euros, incluída a parte proporcional de pagas extras, dentro do o cal se inclúe a cantidade mensual de 261,71 euros que figuran en nómina como “axudas de custo e quilómetros”. Luis foi despedido por causas obxectivas con data de efectos do 23 de novembro de 2015, e recoñéceselle na carta de despedimento unha indemnización ascendente a 16.113,55 euros”.

No feito probado segundo engádese un último parágrafo: “igualmente a empresa demandada debe ao traballador Luis Ramos Falcón as seguintes cantidades e polos seguintes conceptos:

Paga extra de marzo: 1.311,50 €

Paga extra de xullo de 2015: 1.311,50 €

Mes de novembro de 2015 (do 1 ao 23):

Salario base: 852,10 €

Antigüidade: 153,38 €

Axudas de custo e transportes: 414,10 €

Locomoción e transporte: 51,24 €

Liquidación paga extra de julio: 476,58 €

Liquidación paga extra de Navidad: 1.128,25 €

Liquidación paga extra de marzo: 1.174,96 €

Importe de indemnización por despedimento obxectivo: 16.113,55 €

Total: 22.987,16 €

Engádese ao feito probado terceiro o seguinte: “Realizouse igualmente o preceptivo acto de conciliación en data do 29 de decembro de 2015, no caso do demandante, e tívose este por intentado sen efecto”.

Engádese ao fundamento de dereito único o seguinte: “No caso de Luis Ramos, ascende o debido a este á cantidade de 22.987,16 euros, 16.113,55 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo e 6.873,6 euros en concepto de salarios, que devindicará, no que á cantidade salarial se refire, o 10 % de xuro moratorio“.

Na decisión, onde di: “Estimando a demanda interposta por Beatriz Ramos Falcón e Ana Argibay Gutiérrez fronte á empresa La Reigosa, S.L., condeno a empresa demandada a que lle aboe ás demandantes as seguintes cantidades: 5.839,03 a Beatriz e 8.044,75 euros a Ana, en ambos os dous casos incrementadas co 10 % de xuro por mora”, debe dicir: “Estimando as demandas interpostas por Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón fronte á empresa La Reigosa, S.L. condeno a empresa demandada a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades: 5.839,03 a Beatriz, 8.044,75 euros a Ana, en ambos os dous casos incrementadas co 10 % de xuro por mora e a suma de 22.987,16 euros, no caso de Luis Ramos, cantidade esta que se desagrega en: 16.113,55 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo e 6.873,6 euros en concepto de salario. Esta última cantidade devindicará o xuro por mora do 10 %.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza