Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54540

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Celanova

CÉDULA de notificación de sentenza (56/2016).

DCT divorcio contencioso 56/2016

Demandante: Manuel Martínez Bugallo

Procuradora: María Paz Feijoo-Montenegro Rodríguez

Demandado: Tsetsgee Ishdorg

Eu, Margarita Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Celanova, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Manuel Martínez Bugallo contra Tsetsgee Ishdorj, foi ditada a sentenza cuxo encabezamiento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Celanova, 14 de xuño de 2016

Vistos por min, Olalla Para Fernández, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, os autos de xuízo de divorcio número 56/2016, por instancia de Manuel Martínez Bugallo, representado pola procuradora María Paz Feijoo-Montenegro Rodríguez e asistido pola letrada Rocío Alba Castro Prieto contra Tsetsgee Ishdorj, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Paz Feijoo-Montenegro, en nome e representación de Manuel Martínez Bugallo, contra Tsetsgee Ishdorj, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio dos litigantes contraído no 18 de setembro de 2008.

Disólvese de pleno dereito a comunidade de gananciais.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas causadas.

Comuníquese esta sentenza, unha vez firme, ao Rexistro Civil en que conste o matrimonio solicitante e expídase para tal fin o oportuno despacho para a anotación marxinal da sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de apelación que debe ser interposto no prazo de vinte días ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acorda, manda e asina Olalla Para Fernández, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Celanova e o seu partido».

E atopándose o dito demandado, Tsetsgee Ishdorj, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Celanova, 15 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza