Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54538

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (RSU 2429/2016 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2429/2016

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 821/2015 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Ana María Moreno Lugrís

Recorridos: Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Contratas y Servicios Cuntis, S.L., José Magán Torres

Abogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Clara Gil Fernández

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2429/2016 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Contratas y Servicios Cuntis, S.L., José Magán Torres, sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte sentenza con data do 11 de novembro de 2016:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 19 de xaneiro de 2016, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase a recorrente a aboar a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos correspondentes ao ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Contratas y Servicios Cuntis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza