Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54536

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 15 de novembro de 2016 polo que se convoca para vinculación temporal a cobertura dunha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Hematoloxía e Hemoterapia.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na norma 1.2 do pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG núm. 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, a praza de facultativo especialista da Área de Hematoloxía e Hemoterapia que se relaciona na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na avda. Monte da Condesa s/n, 15705 Santiago de Compostela, e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Punto de Atención ao Traballador (PAT) das Institucións Sanitarias do Servizo Galego de Saúde e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos