Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (969/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 969/2013 por instancia de Antonio Acción González e Manuel Antonio Díaz Freire contra Construcciones y Reformas Río do Dez, S.L., Inversiones Río Castro, S.L., Miguel Ángel Pena Jove e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 10 de novembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Antonio Acción González e Manuel Antonio Díaz Freire fronte a Construcciones y Reformas Río do Dez, S.L., Inversiones Río Castro, S.L. e Miguel Ángel Pena Jove, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Miguel Ángel Pena Jove das pretensións exercidas fronte a el.

– Condénanse as empresas Construcciones y Reformas Río do Dez, S.L. e Inversiones Río Castro, S.L. a aboar solidariamente a Antonio Acción González e a Manuel Antonio Díaz Freire as seguintes cantidades:

• A Antonio Acción González a cantidade de seis mil setecentos setenta e nove euros con vinte e un céntimos (6.779,21 euros), percibindo os conceptos salariais o interese moratorio do 10 %.

• A Manuel Antonio Díaz Freire a cantidade de seis mil setecentos setenta e nove euros con vinte e un céntimos (6.779,21 euros), percibindo os conceptos salariais o interese moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inversiones Río Castro, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2016

A secretaria xudicial