Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54387

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (216/2015).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Víctor Boullosa Boullosa, quen ten recoñecido o beneficio de asistencia xurídica gratuíta, fronte a Viñedos de Xinzo, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 150/2016.

En Pontevedra o 5 de setembro de 2016.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 216/2015 por instancia de Víctor Boullosa Boullosa, representado pola procuradora Sra. Álvarez Sánchez e baixo a dirección legal do letrado Sr. Agra Requeijo, fronte a Viñedos de Xinzo, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade...

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Álvarez Sánchez, en nome e representación de Víctor Boullosa Boullosa contra Viñedos de Xinzo, S.L., e condeno a Viñedos de Xinzo, S.L. a pagarlle a Víctor Boullosa Boullosa a suma 2.556 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de apelación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Viñedos de Xinzo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, faise constar que o demandante Víctor Boullosa Boullosa ten recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza