Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (910/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 910/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Fernández Treus contra Servanza, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 317/2016

PO. Procedemento ordinario 910/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: María Victoria Fernández Treus

Avogada: María José Liste López

Demandados: Servanza, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Sentenza.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 910/2014, sendo parte nel, como demandante, María Victoria Fernández Treus, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras e, como demandada, Servanza, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por María Victoria Fernández Treus contra Servanza, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade correspondente a 2.905,21 euros cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores por mora, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza