Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54411

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (925/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 925/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ismael Carreño Otero contra Muebles San Caetán, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 313/2016

PO Procedemento ordinario 925/2014

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Ismael Carreño Otero

Demandados: Muebles San Caetán, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Sentenza.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 925/2014, sendo parte nel, como demandante, Ismael Carreño Otero, asistido polo letrado Sr. Campos Nieto e, como demandada, Muebles San Caetán, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo.

Estímase a demanda interposta por Ismael Carreño Otero contra Muebles San Caetán, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade correspondente a 5.811,95 euros cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores por mora, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar a nte este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentas de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Muebles San Caetán, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza