Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1031/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1031/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Estévez Jamardo contra Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado de lo Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 314/2016

PO procedemento ordinario 1031/2014

Procedemento orixe:/

Sobre: ordinario

Demandante: Jorge Estévez Jamardo

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Limpiezas Secope, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Sentenza.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1031/2014, sendo parte nel, como demandante, Jorge Estévez Jamardo, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras e, como demandada, Limpiezas Secope, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Jorge Estévez Jamardo contra Limpiezas Secope, S.A. e, en consecuencia, condénase a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.382,97 euros cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora e con condena ao aboamento dos honorarios de asistencia letrada da parte demandante dentro do límite legal, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza