Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 165, do 1 de setembro de 2016, procede facer a seguinte corrección:
– Na páxina 38775, na letra e) do punto 6 do artigo 20, onde di:
«e) Facturas dos provedores ás entidades colaboradoras, para os efectos de comprobar o gasto efectivo da acción subvencionada, que deben reflectir os seguintes datos e estaren emitidas entre a data de solicitude de axuda e o prazo máximo de execución do proxecto establecido na resolución de convocatoria destas axudas: (…)».
Debe dicir:
«e) Facturas dos provedores ás entidades colaboradoras, para os efectos de comprobar o gasto efectivo da acción subvencionada, que deben reflectir os seguintes datos e estaren emitidas entre a data de solicitude de axuda e o prazo máximo de xustificación do proxecto establecido na resolución de convocatoria destas axudas: (…)».