Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53806

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2016 pola que se publica o acordo do Consello de Goberno que establece prazos máximos para optar a graos de licenciatura.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece unha nova estrutura das ensinanzas e títulos universitarios españois en consonancia cos obxectivos establecidos para a construción do Espazo Europeo de Educación Superior.

Debido á implantación dos estudos de grao, as titulacións LRU extínguense na Universidade de Vigo nos tres cursos académicos seguintes, de acordo coas súas directrices propias sobre Estrutura e Organización Académica dos Plans de Estudos, aprobadas pola Xunta de Goberno do 13 de setembro de 1999. Na Universidade de Vigo están extinguidas todas as licenciaturas excepto a de Física (que se extinguirá definitivamente o 31 de agosto de 2017).

Tendo en conta a extinción das titulacións LRU, cómpre establecer un prazo máximo para que o alumnado licenciado interesado poida optar ao grao de licenciatura pola Universidade de Vigo nalgunha das dúas modalidades: exame de grao ou tese de licenciatura.

Por isto, o Consello de Goberno, na súa sesión do 24 de novembro de 2016,

ACORDA:

1. Prazo para a solicitude do grao de licenciatura.

Establécese un prazo máximo para a solicitude do grao de licenciatura (modalidade: exame de grao ou tese de licenciatura):

Prazo máximo de solicitude

Licenciaturas extinguidas na Universidade de Vigo

31.5.2017

Licenciatura de Física

28.2.2018

2. Prazo para a defensa do grao de licenciatura.

Establécese un prazo máximo para a defensa do grao de licenciatura (modalidade: exame de grao ou tese de licenciatura):

Prazo máximo de defensa

Licenciaturas extinguidas na Universidade de Vigo

28.12.2018

Licenciatura de Física

31.7.2019

Vigo, 28 de novembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo