Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2016/599-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforma LMT GON805 derivada Camos-Tarela e CS.

Situación: Nigrán.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56 de 53 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-2000-18 da LMT GON805 e final no apoio proxectado nº 1 HVH-1600-15 (paso aéreo a subterráneo, P.A.S.).

– LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ en catro tramos:

1. 195 metros; orixe: apoio proxectado nº 1 P.A.S.; final: centro de seccionamento (CS) proxectado Camos-Tarela.

2. 314 metros; orixe: CS proxectado; final: punto de acceso (P.A.) existente nº 11 da LMTS ao CT Macomusa.

3. 31 metros; orixe: CS proxectado; final: P.A. proxectado na LMTS ao CT Rúa dos Pazos.

4. 31 metros; orixe: CS proxectado; final: P.A. proxectado na LMTS ao CT Outeiro.

– Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte e illamento en SF6, situado na Tarela, Nigrán.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Nigrán; lugar: Tarela; titular: Julio Soto Domínguez; afección: 0,5 m2 de solo para o apoio nº 1 e 325 m2 de voo correspondentes a 50 metros de liña aérea.

Predio 2. Municipio: Nigrán; lugar: Tarela; titular: Delio Salgueiro Álvarez; afección: 0,5 m2 de solo para o apoio nº 1 e 207 m2 de voo correspondentes a 3 metros de liña aérea.

Predio 3. Municipio: Nigrán; lugar: Tarela; titular: Rosario Fernández Vidal; afección: 12,97 m2 para o centro de seccionamento e 5,66 m2 para liña subterránea.