Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/146-1).

Expediente: IN407A 2016/146-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: alimentación MT Alcalde Alfonso Molina, s/n (Begano).

Concello: A Coruña.

Feitos.

1. O 10 de marzo de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 2 de xuño de 2016 e no BOP do 20 de maio de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Reforzo do tramo da liña de media tensión aérea EIR-721 entre os apoios nº D16 e nº D16-3 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,134 km, con orixe no apoio nº D16 existente da LMTA EIR-721, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio nº D16-2 proxectado da LMTA EIR-721.

Reforzo do tramo da liña de media tensión aérea EIR-721 entre os apoios nº D16-1 e nº D16-1-1 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,024 km, con orixe no apoio nº D16-1 proxectado da LMTA EIR-721, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio nº D16-1-1 existente da LMTA EIR-721.

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe nos empalmes que se realizarán no punto de acceso á rede proxectado en calzada na LMTS EIR-721, no tramo entre o CT Escorial (expediente 429/09) e o CT Iluminación Palavea (expediente 318/04). Condutor tipo RHZ1-12/20 kV-1×240 mm2 Al, e final no CS Begano proxectado (entrada e saída).

Centro de seccionamento 3L en edificio non prefabricado.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 32.140,5 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña