Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Angelita número 5395.4, no concello de Xermade (Lugo), promovido por Ramón Carregado Acción.

Advertido erro na resolución, publicada no DOG núm. 228, do martes 29 de novembro de 2016, cómpre realizar a oporturna rectificación no penúltimo parágrafo, que se substituirá polo seguinte:

«Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello de Xermade e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.»