Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SS 483/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento 483/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pardo Lata contra Mutua Ibermutuamur, Instituto Nacional da Seguridade Social, Actividades Puntuales, S.L., sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por María José Pardo Lata contra Mutua Ibermutuamur e Actividades Puntuales, S.L., debo declarar e declaro o seu dereito a percibir as prestacións derivadas de incapacidade temporal por enfermidade común non aboadas na contía de 4.444,94 euros, e declaro a responsabilidade no pagamento da empresa Actividades Puntuales, S.L., sen prexuízo da obriga de anticipo por parte da Mutua Ibermutuamur, e con recoñecemento expreso do dereito de repetición polas cantidades aboadas pola mutua á empresa por este concepto, con absolución do Instituto Nacional da Seguridade Social, salvo a súa xenérica responsabilidade subsidiaria en caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Actividades Puntuales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza