Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 677/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 677/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Amado Bouza contra Transportes A. J. Garfer, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José María Amado Bouza contra a entidade Transportes A. J. Garfer, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transportes A. J. Garfer, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.129,74 euros brutos, por salarios devindicados entre xullo e agosto de 2014, con inclusión de parte proporcional de pagas extra, axudas de custo das dúas mensualidades e compensación económica por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes A. J. Garfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza