Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 707/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 707/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Alberto Souto Bragado contra Alba Technology, S.L., o Fogasa e Lener Administraciones Concursales, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 707/2014

Demandante: Luis Alberto Souto Bragado

Letrado: Sr. Abad Díaz

Demandados:

Alba Technology, S.L.

Lener Administraciones Concursales, S.L. (administración concursal da empresa demandada)

Fogasa

Sentenza 483/2016

A Coruña, 2 de novembro de 2016

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Luis Alberto Souto Bragado fronte a Alba Technology, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 4.616,41 euros.

2º. O Fogasa e a administración concursal da empresa condenada deberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alba Technology, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza