Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (410/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 410/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miriam Maceira Citoula contra It One Digital, S.L., con intervención do Fogasa sobre reclamación de cantidade se ditou a seguinte sentenza cuxos antecedentes de feito e decisión se reproducen:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de novembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 410/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante Miriam Maceira Cituola, representada polo letrado Joaquín Garma Castro e como demandada It One Digital, S.L. e Fogasa que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do Rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme a pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Miriam Maceira Citoula, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa It One Digital, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 781,60 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Javier Bartual y de la Cal administrador mancomunado de It One Digital, S.L., no seu nome e no da empresa, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza