Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (413/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 413/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Barja Rodríguez contra a empresa Classcentercambrige, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza:

A Coruña, 4 de novembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 413/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante, Ana Belén Barja Rodríguez, asistida polo letrado Rafael Alonso Martínez, e como demandado Classcentercambridge, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Ana Belén Barja Martínez contra a empresa Classcentercambridge, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 142,17 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 25,85 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Classcentercambrige, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza