Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (407/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 407/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Santos Fraga contra a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 3 de novembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 407/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante José María Santos Fraga, asistido polo letrado Iván López Amor, e como demandado Transportes Arrive IS S-20, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José María Santos Fraga, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.991,61 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por amora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Arrive IS S-20, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza