Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52813

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (331/2016).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 331/2016 seguido por instancia da Comunidad de Propietarios Calle Cardenal Quiroga, número 16, contra a Asociación Pública de Fieles de la Iglesia Católica, ditouse decreto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Dolores Prieto Rascado.

En Ourense, 13 de setembro de 2016.

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos de dereito...

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado pola procuradora Fernanda Tejada Vidal, en nome e representación da Comunidad de Propietarios Calle Cardenal Quiroga, número 16, fronte a Asociación Pública de Fieles de la Iglesia Católica.

2. Dar traslado á parte demandante co fin de que presente demanda de execución, no caso de que desexe proceder ao despacho desta.

3. Notificar a presente resolución ás partes, advertíndolles que, se cambian de domicilio, o deberán comunicar inmediatamente ao órgano xudicial.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito no cal deberá citarse a infracción en que a resolución incorrese.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (art. 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número 3227 0000 -- ---- -- da entidade Banesto, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe».

E encontrándose a devandita demandada Asociación Pública de Fieles de la Iglesia Católica, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 30 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza