Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52698

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (395/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 395/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mallou Arca contra Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., Papeles y Tintas, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza o 28 de outubro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido.

Que estimando parcialmente a demanda presentada por instancia de Manuel Mallou Arca, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, contra as entidades Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., Papeles y Tintas, S.L. e Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar a entidade Grafinova, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 376,46 € en concepto de parte de indemnización por despedimento, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do cesamento ata a data da presente resolución sobre a dita cantidade e a suma de 5.325,74 € en concepto de salario do mes de xuño, outubro e novembro de 2012 e paga extra de beneficios, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, ademais dos xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo as entidades Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., Papeles y Tintas, S.L. de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, e que deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., Papeles y Tintas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza