Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52700

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (411/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 411/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Luis Gómez López contra Excavaciones Migasa, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza de data do 28 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Jorge Luis Gómez Lopez, asistido pola letrada Sr.a Romero Salgado, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.L. que non comparece malia estar debidamente citada, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 5.995,67 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65. Debe indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza