Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 340/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 340/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín contra APV Motor, S.A. e o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 296/2016

Seguridade social 340/2014

Demandante: José Manuel Vaamonde Villasenín

Avogado: Manuel López Núñez

Demandados: APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado/a: Servizo Público de Emprego Estatal

Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 340/2014 seguidos por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín, asistido polo letrado Sr. López Núñez, actuando en substitución a letrada Sra. Prado Sánchez, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), asistido e representado polo letrado Sr. Catoira Longueira, e contra APV Motor, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Resolución

Desestímase a demanda interposta por José Manuel Vaamonde Villasenín e, en consecuencia, absólvense o SPEE e APV Motor, S.A. dos pedimentos formulados fronte a eles.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza