Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (897/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 897/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., Mutua Fremap, Fogasa sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Juzgado de lo Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 295/2016

Rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707

Teléfono: 881 99 71 24/25

Fax: 881 99 71 26

Equipo/usuario: MB

NIG: 15078 44 4 2014 0002598

Modelo: N02700

SSS Seguridad Social 897/2014

Procedemento orixe:

Sobre: Seguridade Social

Demandante: Patricia Villaverde Delgado

Demandados: Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., Mutua Fremap, Fogasa

Avogado: Fogasa

Sentenza.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 897/2014 seguidos por instancia de Patricia Villaverde Delgado, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. e Electrónica Angueira, S.L., que non compareceron, malia a súa citación en legal forma, como tampouco o administrador concursal Jesús Alonso Álvarez, e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), e contra Fremap, asistida polo letrado sr. Balo Couto, con base nos seguintes

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. e Electrónica Angueira, S.L., condenando solidariamente as codemandadas a aboar á demandante a cantidade de 120,53 euros, absolvendo a Fremap dos pedimentos formulados fronte a esta.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (artigo 191.2.g) da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Electrónica Angueira, S.L. e a Unión de Tiendas de Electrodomésticos, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza