Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial de altos cargos por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 109/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 bis, do 22 de agosto), Antonio Rodríguez Miranda cesou no cargo de secretario xeral de Emigración e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 110/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 bis, do 22 de agosto), María Nava Castro Domínguez cesou no cargo de directora da Axencia de Turismo de Galicia e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 116/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 bis, do 22 de agosto), José Manuel Cores Tourís cesou no cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 117/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 bis, do 22 de agosto), Ignacio López-Chaves Castro cesou no cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran, respectivamente, ao seu cesamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Antonio Rodríguez Miranda.

Cargo público orixe da declaración: secretario xeral de Emigración.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 14,62 €.

2. Valor total doutros bens: 16.622,86 €.

3. Total: 16.637,48 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):

Titular do cargo: María Nava Castro Domínguez.

Cargo público orixe da declaración: directora da Axencia de Turismo de Galicia.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 64.367,69 €.

2. Valor total doutros bens: 1.200,00 €.

3. Total: 65.567,69 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 105.170,08 €.

Titular do cargo: José Manuel Cores Tourís.

Cargo público orixe da declaración: delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 56.765,24 €.

2. Valor total doutros bens: 97.849,34 €.

3. Total: 154.614,58 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 0 €.

Titular do cargo: Ignacio López-Chaves Castro.

Cargo público orixe da declaración: delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 66.268,67 €.

2. Valor total doutros bens: 180.050,91 €.

3. Total: 246.319,58 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):