Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52087

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (1336/2010).

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC mediante este edicto notifícase a Caridad Fuentes Rodríguez a sentenza do 24 de xullo de 2013, que se reproduce a continuación:

Sentenza: 186/2013

Procedemento: divorcio contencioso 1336/2010

Ferrol, 24 de xullo de 2013

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de divorcio contencioso 1336/2010 seguidos ante este xulgado por instancia de Ignacio Cao Beceiro, representado pola procuradora Sra. Fernández Díaz e asistido pola letrada Sra. Moya Riveiro, fronte a Caridad Fuentes Rodríguez, en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda contenciosa de divorcio interposta por Ignacio Cao Beceiro, representado pola procuradora Sra. Fernández Díaz e asistido pola letrada Sra. Moya Riveiro, fronte a Caridad Fuentes Rodríguez, en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes con todos os efectos legais. Iso sen facer especial pronunciamento respecto ás custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro dos da súa clase.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ferrol, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza